sobre nós

Somos un grupo de mozas e mozos que en xaneiro do 2019 decidiron comezar a edición dun fanzine escrito e dixital na contorna de Valdeorras.

A intención: habilitar novos espazos para a creación artística xuvenil da zona, tecer fíos entre as diferentes creadoras, e demostrar que hai forza en Valdeorras dabondo como para ter e manter un proxecto destas características.

Barullo é, por definición, ruído, unha mestura de cousas de distinto tipo. As colaboracións están abertas a (case) todo aquel que desexe participar, e é por iso que non é un proxecto que responda a nomes concretos.

A coordinación dos primeiros tres números corre cargo de Eva Piay e Roma DoVal. A maquetación do fanzine impreso vén a cargo de Isaac Cruz. A contabilidade, publicación dixital e edición dos textos, de Jorge Moral. A dirección artística, incluido o deseño e estética das portadas, son tamén obra de Eva Piay.