contacta

Queres colaborar con nós?

É moi sinxelo: só tes que escribir unha mensaxe a sentacto@barullo.ga adxuntando unha breve descripción do teu traballo así como o teu material. De poder ser, agradécese o envío de máis dunha peza, xa que contamos con diferentes espazos a encher dentro do fanzine escrito e pretendemos manter certa coherencia temática entre as publicacións escritas e visuais. Co envío a publicación non está asegurada, iso si, respondemos a todos os correos que nos chegan coa maior brevidade posible.

Pero… podo participar?

Para armar barullo só necesitas ter ganas de colaborar nun proxecto amplo e pertencer á bisbarra de Valdeorras e arredores.

E a miña obra?

A túa obra estará editada por nós. Barullo edítase baixo lizenza Creative Commons – Atribución – Non Compercial CompartirIgual 4.0 – CC BY-NC SA 4.0, agás nas obras publicadas baixo licenza de Copyright.

Tamén nos podes atopar en Facebook, en /barullonarede e en Instagram, en @barullonarede.