benvida

Barullo é un proxecto de fanzine que comeza a andar en xaneiro de 2019 na procura da creación de novos espazos de expresión cultural para a mocidade na comarca de Valdeorras. Medio de comunicación alternativo e independiente, leva editado dous números en papel ao tempo que dinamiza os contidos por vía dixital, en facebook e instagram.

Barullo:

1. Ruído, confusión, desorde. Mestura de xentes ou cousas de distinto tipo.

2. Medio de comunicación contracultural comprometido coa creatividade e a visión crítica que edita o fanzine homónimo (impreso e dixital).

3. Póla de piñeiro.

Aberta convocatoria para o número especial, con voz de muller

E moitísimas grazas a todas as creadoras que vos animástedes a participar no cuarto número do Fanzine! Estamos contentísimas. Coa reedición dos tres primeiros números, queda iniciada esta nova etapa. Se quedaches con ganas de armar barullo, anímate e participa no novo número especial.